Blogia
OtroMondo, el blog de dvactivisme

O muro da alianza das civilizacións

Todos sabemos que convivir cos veciños, en especial se non son coma nos, é complicado, pero esta semana síntome solidario, progresista e con ganas de demostrarlles aos meus veciños o meu talante para a convivencia. O primeiro que fixen foi aplicar todo o meu amor fraternal cara a convivencia con eles cambiando o valado que separa as nosas casas por un muro de formigón de 12 metros de altura, logo púxenlle nome: vouno chamar ALIANZA DE CIVILIZACIÓNS. Vostedes estaran a preguntarse por que ese nome. Pois ben, é que os meus veciños son de un país exótico do norte de África, si, como se chamaba? Ah si!!! España, concretamente de Andalucía. Pero como eu me sinto aínda máis solidario e quero que non teñan problemas para poder establecer relación comigo, contratei un veciño meu –militar en activo- para que me vixile o muro e me informe de calquera intento de entrar no meu patio por parte dos meus veciños. Non quero que lles falte de nada. Cando coincidimos, os meus veciños pregúntanme por que está do meu lado do patio o vixilante, que así non poden falar con el. Dígolles que é para a súa seguridade. Non o entenden. Coméntolles que, se estivese do seu lado, podería aplicar a súa vontade de diálogo, respecto e talante en calquera momento, a porrazo limpo ou directamente tirando a matar, e eu non gaño para hospitais.

Os obreiros que contratei para que me fixesen a parede son magrebís; si, xa sei que vostedes non coñecen o significado desta palabra, pero para que me entendan, vou empregar palabras de uso cotiá, son mouros.

Un día, mentres eles estaban traballando, pasaba eu por alí e parei a preguntarlles se querían tomar algo ou descansar. Miráronme como se estivesen vendo unha pantasma. Non o entendín. Dixéronme que eles non saben que é iso de que o xefe lles dea facilidades, que eles intentan chegar aquí en pateras, máis da metade morren polo camiño ou, se chegan, morren víctimas do talante democrático e social da policía. Os que sobreviven a iso acaban vagando polas rúas, traballando de xeito infrahumano para calquera empresario destes que consegue cadrar o presuposto da empresa pagandolles unha miseria, sen concederlles ningun dereito, e contribuir así ao crecemento da economía española. Teño unha dúbida que non me deixa durmir, qué diferencia hai entre un grupo calquera de persoas inmigradas dende calquera país do mundo e un xogador do Barça ou do Madrid? Por que a uns os chaman ilegais e son perseguidos e outros son considerados “extracomunitarios” e son idealizados ata o absurdo? Creo, señores, que esta situación non é un problema cultural nin de seguridade, senón unha cuestión de ricos que teñen demasiado medo de perder os seu privilexios contra pobres que só piden o dereito a poder vivir dignamente como seres humanos que son. Remato o artigo cun anaco dun tema da cantante cubana Lucrecia que espero que faga reflexionar a moitos.

¿Qué se precisa para facer que o home poida comprender que compartir é o camiño, que é preciso percorrer acabando así coa opresión de tanto pobo e nación. Qué se precisa para vivir en paz, vivir tranquilo?

Martí Aviñoá
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres