Blogia
OtroMondo, el blog de dvactivisme

A reforma dos estatutos, unha comedia esperpéntica

Cando escribo estas liñas, estamos a unha semana do debate no Parlament de Catalunya sobre a proposta de reforma do Estatut de Autonomía, tema de candente actualidade que non deixa indiferente a ninguén. Estamos pois na recta final dun debate que leva centrando a vida política do último ano e medio. Atopámonos no medio dun paradoxo, as forzas políticas levan os 18 meses, o tempo que leva o tripartito no goberno, pelexando por un estatuto de autonomía do que CiU non quixo nin falar en 23 anos. E o pobo catalán leva o mesmo tempo sen saber que é e para que sirve o famoso “Estatut”. E seguimos aguantando a comedia.

Tanto Zapatero como o goberno tripartito xóganse moito, diríamos que todo, neste paso. Maragall anda pendente de ZP, por un lado, e de ERC e máis CiU polo outro. CiU, que non quere que lle toquen o seu espazo de poder, non ten interese na reforma nin en que o Tripartit poida aparecer como “o goberno do Estatut”, xa que iso demostraría que a esquerda catalá fixo máis por Catalunya en 18 meses do que CiU fixo en 23 anos de corrupción e clientelismo. E finalmente, ERC, enfrascado nos seus debates nominalistas simbólicos que non mellorarán as condicións de traballo da nosa clase obreira; iso si, converteranos en obreiros oprimidos nunha nación con máis cartos para os que xa os teñen. Esta é arestora a nosa realidade.

Este é o estatuto que pretende achegar Catalunya a súa independencia, e tamén é o Estatuto da vergoña política. Digo vergoña porque penso que algo funciona mal nun país cando os únicos temas que centran o debate son os simbólicos referidos a se Catalunya é ou non é unha nación ou se Catalunya –lease os empresarios cataláns- terá ou non terá máis cartos que xestionar.

Por outra banda, resulta que é imposible acadar máis poder porque algún imbécil converteu a nosa carta magna nun documento eterno e inamovible. E toda a nosa clase política aceptou a idea sen ter o mínimo sentido común para rexeitar semellante tontería. Agora semella que, xunto coa Biblia e o Corán, a Constitución Española é o terceiro texto sagrado escrito na historia deste mundo, do que o mestre Valle-Inclán dixo moi acertadamente que era un esperpento. En definitiva señores, a comedia continúa. Collan palomitas e acomódense que isto vai para largo.

Martí Aviñoá
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres